Thursday 16 de May de 2024

Terceira edición da Festa da Xuventude de Aguiño


Os edís Francisco Suárez-Puerta, Fernando Abraldes e Antía Alberte presentaron hoxe a Festa da Xuventude de Aguiño xunto a Raúl Santos Sampedro e Víctor Reiriz que se celebrará o 13 de abril.
Segundo explicou o segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez-Puerta, o Concello colabora coa Asociación de Aguiño, promotora da celebración. “A nosa intención é que tódalas parroquias que queiran levar a cabo calquera tipo de evento poidan desenvolvelo con normalidade; neste caso temos tódolos permisos de Portos de Galicia para poder celebrar este evento en Aguiño” explicou.
O evento comezará ás 5 da tarde cunha festa infantil con hinchables e ás 11 da noite terá lugar unha sesión cos DJs Tito Maverick e Mateo Abelleira, segundo informou Raúl Santos Sampedro, presidente da Comisión de Aguiño. “Esta celebración é moi importante xa que nos permite recaudar fondos para as Festas do Carmen de Aguiño” concluiu o concelleiro Fernando Abraldes.